Sobre nós

do país
Esta é Dolores, a avoa da miña nai. Hai quen di que foi a muller máis forte e loitadora que houbo xamais. Adicou a súa vida a traballar no campo, coidar dos seus, e chorar polos que lle quitaron.
E isto é Do País, unha tenda de alimentación aferrada aos valores dos pequenos, dos que traballan cada día por sacar adiante aos seus, dos que respectan os ritmos da natureza, sementan e recollen no tempo; dos que coidan os animais con esmero para ter os mellores produtos e non fan deles unha explotación masiva. Dos que cren no noso…
Acaso precisamos de algo máis?
Produtos Galegos
En Do País, podedes atopar unha ampla selección de produtos, todos eles producidos e elaborados en Galiza, escollidos un a un, sempre buscando o equilibro e o respecto polo noso. E entre todas e xunto a vosoutras facemos a tenda…
somos xente DO PAÍS!!