GANDERÍA QUINTIÁN

Quintián é unha gandería situada en O Páramo, en Lugo. Ten a particularidade de teren feito a queixería baixo terra. A humidade precisa para a maduración dos queixos, probén da auga natural do manantial que atravesa a queixería. Elaboran dous queixos, o Néboa e o Agarimo.

O Néboa é un queixo de pasta branda de leite crú de vaca, con códea natural enmofecida. Caracterízase polos sus matices a bosque, cogumelos e notas a tona.

O Agarimo é un queixo de pasta branda de leite pasteurizada, de códea lavada. Textura elástica, granulos e fundente. A súa códea natural con sabor afrutado e un elegante regusto

Gandería Quintián, queixos….DO PAÍS