SANTO ANDRÉ CURADO

Continuamos no Cebreiro con outra queixería, SANTO ANDRÉ.
Aquí elaboran un dos mellores queixos curados de Galicia. De pasta brande e granulosa, mantén o método totalmente artesanal de antano que esixe a Denominación de Orixe Protexida. Non ten conservantes nin aditivos. O seu aspecto é tamén o característico de todos os queixos que se fabrican baixo esta denominación, ao semellar un fungo ou sombreiro de cociñeiro, aínda que hai que aclarar que este é o único fabricante dos catro acollidos actualmente na denominación que elabora queixo curado.
O tempo é o único conservante deste queixo, con 70 días de curación que o convirte nun queixo moi especial que non deixa de gañar adeptos
No proceso de maduración, a pasta vai collendo unha cor amarelada que pode gañar en intensidade, cun sabor con matices metálicos e picantes, mantendo o sabor lácteo, o recendo característico do queixo fresco da DOP e un toque lixeiramente acedo. As técnicas e cuidados empregados, con mofos naturais recubrindo o exterior, potencian sabores e aportan complexidade ao produto.
É un queixo ideal para degustar só. Pero serven igaul as consideracións dos Queixos do Cebreiro de saborealo con mel, marmelo e noces. É un execelente produto na cociña para elaborar pratos de todo tipo.
Dispoñible na tenda de Narón ou na tenda en liña www.dopaisprodutosgalegos.es