CUÑAS DAVIA

Se algo caracteriza ao viño do Ribeiro é a mestura. Variedades diferentes de uvas autóctonas forman excelentes caldos. Hoxe imos presentar unha das mellores bodegas do Ribeiro: Valdavia. Aquí elaboran cada ano un dos mellores Ribeiros do mundo, Cuñas Davia.

Se as Terras do Ribeiro falaran, faríannos partícipes de cales foron as mellores añadas durante os máis de 800 anos de historia desta bodega. Aquí elaboran os mellores Ribeiros a base Treixadura, Albariño, Godello, Caiño, Loureiro e Lado. Cada unha na súa xusta proporción fan de Cuñas Davia un viño cunha calidade excelente. Aquí é onde se xuntan as mellores, as autóctonas, as uvas casa, DO PAÏS

E con esto e moito choio, obteñen catro viños diferentes, únicos e irrepetibles:

  • Cuñas Davia Barrica: feito a base de Treixadura e Albariño. De cor dourado, con brillo. Con cheiro a froita, a fume, pan tostadoe herbas aromáticas. Con sabor potente, carnoso, seco e un toque amargo. Está criado sobre lías durante 3 meses en barricas de 300 litros de carballo. É un viño de produción limtada a aproximadamente 1000 botellas PVP. 18.90€
  • A Xiada: feito con Treixadura e Albariño. Maceración en neve carbónica e fermentado a temperatura controlada en depósotos de inox. De producción limitada a 2000 botellas. É un viño limpo e brillante, de cor amarelo limón. Con cheiro a frores e froitas de verán, cítrico de pomelo e pel de laranxa. PVP 14.90€
  • Cuñas Davia: feito con Treixadura, Albariño, Caiño blanco, Godello, Loureiro e Lado. Lixeramene macerado e prensado en frío. Criado sobre lías durante un mínimo de 6 meses. De cor amarelae cheiro a froita madura, frores e herbas aromáticas. PVP 13.30€
  • Cuñas Davia Tinto: Caiño longo, Brancellao e Sousón. Criado en barricas de carballo e cunha producción de 2000 botellas. De cor granate brilante. Cheiro fresco e intenso onde dominan os froitos vermellos silvestres e froitas como amoras, careixóns ou guindas, con toque a cacao e froitos secos. É saboroso e equilibrado. PVP. 18.90€

DISPOÑIBLE NA TENDA DE NARÓN OU EN LIÑA www.dopaisprodutosgalegos.es