SURTIDO DE QUEIXOS DO PAÍS

Este surtido de queixos DO PAÍS, representa a algunha das pequenas queixerías que podemos atopar ao longo de Galicia. Todos eles son de produción limitada: Todos eles están feitos de xeito artsanal o que fai desta pequena escolma un momento único e irrepetible para o padal.

– SAN SIMÓN DA COSTA DON CRISANTO: É un queixo con Denominación de orixe protexida. Procede da Terra Chá. Está feito ao xeito tradicional a partir de leite enteira de vaca pasteurizada, curado durante un mínimo de dous meses e afumado un a un en madeira de abedul. Preséntase en forma de tetilla. É un queixo de codia grosa de pasta graxa e densa. Destaca o seu cheiro afumado e no padal, percibimos gustos a froitos secos e a afumados.

– NÉBOA GANDERÍA QUINTIÁN: Quintián, é unha gandería familiar que nace do amor pola terra nos anos 60. Esta gandería atópase en O Páramo, na provincia de Lugo, na ladeira dunha montaña con vistas a todo o val por onde transcorre o Río Miño. Esta orografía permite que a queixería, esté feita baixo terra, respectando o entorno e sen impacto paisaxístico. É un queixo de pasta brande de leite crú, con codia natutal enmofecida. Caracterízase polos seus matices a bosque, champiñón en notas a nata.

– LÍA BISCATO: De Os Xiros, en Guititiz. Quieixo moldeado e volteado un a un con moito mimo e coidado. O respeto á tradición artesanal galega inspíra a producir un queixo de pasta branda e carapela lavada cun nome especial para nós que pretende ser unha volta de torca aos queixos do país.

– QUEIXO MADURADO TOUZA VELLA: De Castro Caldelas. É un queixo semicurado de dous meses de maduración, de códea fina, feito con leite crú de cabra sen pasteurizar, de textura e sabor suave que se intensifica coa maduración, dando paso a un sabor máis picante

– O REXO: de Allariz, Trátase do primeiro queixo de ovella feito en Galicia a base de leite cru. As ovellas son de raza latxa, procedentes de Euskadi, unha raza que se adapta moi ben ao duro clima da provincia e que produce aproximadamente un litro de leite ao día, repartido en dúas munguiduras, unha á mañá e outra á tarde.
O traslado dende a granxa á queixería realízase de forma tradicional, sendo o noso pastor quen enche as leiteiras e quen as traslada ata queixeiría.
O queixo culmina todo un proceso de apego e coidado á natureza, pois grazas ao pastoreo do rabaño nas fincas, os terreos d’O Rexo recuperaron o seu coidado aspecto de antano.

– SAVEL DE AIRAS MONIZ: de Chantada. Queixo azul que destaca polo inconfundible e intenso olor pero sorprendente pola suavidade, elegancia e untuosidade. Madura nunha cava na que se encontra o penicilium roqueforti. As vetas entre azul e gris verdoso xunto coa cor amarela da pasta procedente das vacas Jersey en pastoreo, fan que este queixo sexa único.

– A FONTE: de Monforte de Lemos. Queixo tradicional galego elaborado con leite crú de vaca que viven felizmente en pastoreo. O muxido destas vacas realízase nos pastos cunha muxidora móbil. Este queixo pasa por varios momentos e a súa acidez vaise intensificando co paso dos días