ROSQUILLAS DE AURITA, DE LALÍN

NOVIDADE!! ROSQUILLAS DE AURITA
As rosquillas forman parte da nosa tradición alimentaria, facémolas no entroido, mercámolas cando imos ás feiras e romerías, están presentes nas festas, ensinamos aos cativ@s a facelas…sermpre están aí. Que sería de nós sen as rosquillas!😋
Pois en Do País, non paramos ata dar cunhas rosquillas feitas ao xeito tradicional, sen trapalladas. Non precisamos máis que fariña de trigo, ovos, zume de laranxa, raiadura de limón, zucre, anís e levadura para ter unhas rosquillas das de toda a vida.
ROSQUILLAS DE AURITA, DOCES DA CASA…DOCES DO PAÍS
Podedes atopalas na tenda de narón ou na tenda en liña https://dopaisprodutosgalegos.es/…/rosquillas-de-aurita/