Trátase do primeiro queixo de ovella feito en Galicia, a base de leite cru. Elabórase con moito agarimo de xeito artesanal, un a un dáselle forma a este produto tan demandando na comarca de Allariz e en toda Galicia
As ovellas son de raza latxa, proceden do País Vasco, adáptanse moi ben o duro clima da provincia e producen aproximadamente un litro de leite ao día, repartidos en dúas muxiduras, unha á mañá e outra á tarde. O traslado dende a granxa á queixería faise de forma tradicional: o noso pastor enche as leiteiras e as traslada á queixeiría.
O queixo culmina todo un proceso de apego e coidado á natureza xa que grazas ao pastoreo do rabaño nas fincas, os terreos de O Rexo recuperaron o seu aspecto coidado de antano.
De lixeiro sabor picante, manteigoso, cun resaibo intenso e persistente, consolidou un lugar propio dentro da gastronomía allaricense e de moitos fogares galegos, que levan á súa mesa un queixo de calidade, respectuoso co entorno que o rodea.
O REXO…QUEIXO DA CASA…QUEIXO DO PAÍS